Venres. 19.04.2024
El tiempo

"Elisa e Marcela" chegan aos auditorios da Laracha e Muros

Elisa e Marcela copia
"Elisa e Marcela" chegan aos auditorios da Laracha e Muros

A peza teatral “Elisa e Marcela” da compañía A Panadaría, que xa estivo o ano pasado percorrendo o país, volve á comarca para contar en forma teatral a historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres de que temos constancia en Galicia, acontecido hai 120 anos.

Esta singular comedia teatral estará o sábado ás 21:00 estará no centro sociocomunitario de Caión, na Laracha, con entrada de balde ata completar a capacidade máxima da sala (con máscara).

Pero antes pasará por Muros. Será este xoves 7, ás 21:00h, cando se represente no Auditorio do Centro Cultural de Muros.

O centro muradán acolle ademais outra obra o sábado ás 21:00h, da man do La Quintana Teatro: “O Premio”. Neste caso o prazo da entrada será de 3,5 euros, e teñen que ser reservadas previamente, ben nas oficinas do centro cultural de Muros ou no teléfono 981762294, de luns a venres, de 08:30 a 15:00 horas; e tamén poden solicitarse no correo electrónico [email protected], ou en Internet por medio do formulario de Google creado para cadansúa.

Novas relacionadas

+

Comentarios