Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Esteiro enteiro aprende informática

Esteiro enteiro aprende informática

Continúa a Sociedade da Información espallándose pola bisbarra. Non deixamos de dar constancia da importancia que teñen estes cursos de informática para adultos que artellan os concellos, que pasa por ser a ocasión máis clara e fácil de aprender para os veciños.
De feito, un dos sentidos de vida deste diario é precisamente este, reducir a fenda dixital achegando contidos na rede á veciñanza da Costa da Morte.

Os que non paran son os de Muros. Dende outubro ata maio vénse desenvolvendo na Aula Aberta da Casa da Sociedade de Esteiro un curso de informática que tivo unha gran acollida entre a veciñanza. Tal foi a resposta dos veciños que o Departamento de Cultura do Concello de Muros viuse obrigado a organizalo en 4 grupos, os luns e os martes, días nos que este se impartían.

O pasado luns 13 de maio celebrouse unha pequena festa para a súa clausura, á que asistiu a Concelleira de Cultura, Mocidade e Deporte, Rosario Fernández Piñeiro, que fixo entrega dos certificados de asistencia aos alumnos e que lles agradeceu a súa asistencia e felicitou pola súa constancia á hora enfrontárense ás novas tecnoloxías.

Máis actividades

Ademais, cómpre indicar que na Casa da Sociedade lévanse a cabo varias actividades de dinamización que se ofertan ao longo de todo o ano. Así, na Axencia de Lectura, hai un programa de fomento á lectura que inclúe dous contacontos semanais, dende outubro ata maio, actividade que se despide este mércores 15 de maio ás 18:00 h coa actuación da Compañía Trinke Trinke, ata o vindeiro curso escolar que comezará de novo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muros.

Comentarios