Esteiro recupera as ribeiras do Camiño Real á beira do río Maior


O Alcalde de Muros, Domingos Dosil Cubelo, aprobou esta pasada semana a memoria e o proxecto técnico para a Recuperación dun tramo no Camiño Real na parroquia de Esteiro.
Esta actuación, que será financiada con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, ten un orzamento total de 80.821,88 €.
O obxectivo que se pretende é poñer en uso unha antiga calzada recuperando a calidade paisaxística e medioambiental da zona. Apostando pola sostenibilidade na intervención e a posta en valor do patrimonio cultural, paisaxístico e arquitectónico. En definitiva transformar un espazo abandonado nun espazo de calidade.
A intervención céntrase na recuperación das ribeiras no seu encontro co río Maior, na restauración duns antigos pasales e na pavimentación do camiño.
Novas relacionadas
- Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
- Muros elimina as súas barreiras.
- Muros sabe a mar.
- Depositan nun mes máis de 150 quilos de residuos no Minipunto Limpo de Muros.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Muros.