Ferido de gravidade un ciclista tras ser atropelado en Esteiro
10:26 12/09/17
Numerosos medios acodiron ao lugar de Creo tralo atropelo dun ciclista-Foto-GES Muros
Eran as 19:00h da tarde do pasado luns 11 de setembro, cando un ciclista era arroiado por un vehículo no lugar de Creo, en Esteiro, no cruce do colexio. Debido á gravidade do estado do ciclista (estaba tirado sen moverse), o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado H3 do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.
Nese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso aos servizos sanitarios, aos efectivos do GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Tamén acodiron ao lugar os membros de Infantería de Marina, xa que o ferido trátase dun compañeiro da Garda Civil.
Ata Infantería Marina pasou polo lugar-Foto-GES Muros
Fonte
-
- AXEGA.