Venres. 19.04.2024
El tiempo

Festas do Centenario da Fonte da Pontella

Festas do Centenario da Fonte da Pontella

O Maio-Esteiro, acolle o vindeiro sábado 5 de novembro as tradicionais Festas do Centenario da Fonte da Pontella. Unhas festas que comezarán pola tardiña con grupos de baile da zona e merenda, con concurso de tartas e todo.

De contado, terá lugar a lectura do pregón. E pola note, non faltará a verbena da man das orquestras Eclipse e Togaian.

Torneo de Parchís

Traemos ademais unha proposta novedosa. Xa non só truco e chinchon se xogan nos bares. Na primeira quincena de vovembro está aberto o prazo para anotarse no Bar O Pouso de Muros para o torneo de Parchís por parellas que se celebrará neste lugar a partir do 15 deste mes.

Terá que haber un mínimo de 10 parellas, e cada unha pagará 10 euros de inscrición. Estarán en xogos dous premios, un primeiro que o organizado Juan José Pais nos di, que será dunha fin de semana para dúas persoas nun hotel / balneario / pousada da nosa autonomía, e o segundo premio para a parella finalista que non gañadora, dunha cea.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios