Luns. 07.10.2024
El tiempo

Hostaleiros de Muros: “Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”

Concentracion da hostalaria en Muros-Foto-Javi Souto 2
Concentración da hostalaria en Muros-Foto-Javi Souto
Hostaleiros de Muros: “Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”

Este mércores a Asociación de Hostalería e Turismo Concello de Muros realizou unha concentración ruidosa diante do Concello para protestar contra as restricións que manteñen pechada a hostalería. Unha concentración enmarcada nas mobilizacións que levan tendo noutros concellos da Barbanza, compaxinadas pola Asociación de Compostela. Fixérono ademais no día no que a Xunta aeguraba que a hostalería inflúe directamente no aumento de contaxios.

E teñen claro os hostaleiros quen toma as decisións. “Non lle pasamos a responsabilidade ás administracións municipais, quen toma as decisións é o goberno da Xunta. Pero pedímolles que falen con quen teñan que falar. Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar”, sinalaban.

Comezou coa cacerolada e co berro “Hostalería Solución”, en liña co lema “Salvemos o Emprego na Hostalería Galega: Plan de Rescate”, pedindo “axudas directas, reais” para o sector. As pancartas lucían mensaxes como “A hostalería é segura”, “Ocio nocturno solución”, “En Alerta Laranxa podemos traballar”, dando conta da situación extrema dos profesionais e das familias que dependen do sector.

Lembraron que presentaron unha denuncia que aínda está pendente de responder. Igualmente fixo un chamamento á unión no marco da Plataforma en Defensa da Hostalería Galega.

Concentracion da hostalaria en Muros-Foto-Javi Souto
Foto: Javi SoutoConcentracion da hostalaria en Muros 2

Novas relacionadas

Comentarios