Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Juan Jesús Gestar Otero, novo Fillo Predilecto de Muros

Juan Jesús Gestar Otero, novo Fillo Predilecto de Muros
Juan Jesus Jestal Romero Juan Jesús Gestal Romero recibirá a Medalla do Concello de Muros

O Pleno do Concello de Muros acordou, por unanimidade, nomear ao insigne muradán Don Juan Jesús Gestal Otero «FILLO PREDILECTO DE MUROS», por prestar servizos tan extraordinariamente relevantes aos intereses xerais do municipio que o fixeron merecedor da gratitude pública dos veciños.

Así mesmo, outorgóuselle tamén a «MEDALLA DA VILA DE MUROS», destinada a premiar a aquelas persoas que, polos seus méritos, acadasen un prestixio social excepcional no eido no que desenvolvesen as súas actividades e polo especial vínculo con Muros.

Na actualidade, o Profesor Doutor Juan J. Gestal Otero é Catedrático Emérito de medicina preventiva e saúde pública na Universidade de Santiago de Compostela, Director da cátedra de hidroloxía médica USC-Balnearios de Galicia e Codirector do curso universitario de especialización en vacinas.

Foi, ata a súa xubilación fai uns meses, o Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, institución na que acadou os máximos méritos académicos posibles. Así mesmo, destacou no ámbito asistencial, onde foi o Xefe de Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e ocupou, tamén, o cargo de Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

Foi merecedor de numerosas distincións, como a Insignia de Ouro da USC, entregada o pasado 1 de decembro de 2017 e, entre outras, a Insignia Fonseca da USC no ano 2012.

O doutor Juan Jesús Gestal distínguese, xunto ás múltiples virtudes académicas, profesionais e persoais que o definen, pola forte vinculación con todo o que ten que ver con Muros, coa súa historia, cultura, tradicións e coas súas xentes, por iso é lóxico que os muradáns se congratulen por este merecido nomeamento.

Fonte

  • Domingo Guerra para QPC.

Comentarios