Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais

Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais
Maraton de FS en Santa Comba 2015 I Torneo de F7 de Louro

Xa sabemos que andan armando un Torneo de F7 sub-18 por Vimianzo para mediados de xuño. E xa coñecimos as propostas de do F7 en Zas, e do FS en Vimianzo.

Pero hai outros que xa están en marcha, como o I Torneo de F7 que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Madanela de Louro no renovado campo de Agra da Filgueira. Unha cita que será a fin de semana do 6 e 7 de xuño, con premio de 400 puntos para os gañadores, e unha cota de inscrición de 50€ por equipo.
Cómpre inscribirse antes do 30 de maio, avisando 650 268 876 ou no 689 142 308, ou a través do Facebook Festas da Madalena.

E tamén por Santa Comba están armando un bo Maratón de Fútbol Sala, con máis de 3.000 € en premios. Os 27 e 28 de xuño, o pavillón de Fontenla acollerá este espectáculo.
Podes inscribir ao teu equipo por 120€, na Taberna do Meu Compadre, antes do 25 de xuño ás 22:00h, ou nos teléfonos 617 641 873 ou 686 248 444.

Torneo de Base en Sofán

Ademais, o Campo do Carral acollerá o 30 de maio un Torneo de Fútbol Base Benxamín e Alevín de F8, co Ural, XSC, Paiosaco, Laracha, Dumbría, Cabana e Orillamar ademais do peques locais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios