Venres. 26.04.2024
El tiempo

Marful arriba a Muros con música, arte e gastronomía

Marful arriba a Muros con música, arte e gastronomía

Triple degustación a que propón unha das bandas máis influíntes do país en Muros para este venres 24 de febreiro a partir das 21:00h. A banda Marful, formada polas figuras Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual, trae a súa xira "Surreal" a Muros, concretamente á incrible paraxe dos Muíños de marea do Pozo do Cachón. Alí presentarán unha cita coa súa suave música, coa arte e coa gastronomía máis auténtica de Muros.

Así, entre tema e tema os que reserven praza no concerto poderán disfrutar da gran "tortilla romana" muradá da man da Maika, ver un dos máis elegantes dos traxes tradicionais galegos, o "traxe muradán", e de paso beber algo de queimada preparada por Eleuterio Balayo.

Marful presenta esta xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país. Estas “presenzas musicais” de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo.

Reserva de entradas

O aforo é limitado, así que xa poden facer as súas reservas chamando ao concello ou en [email protected]. As entradas custan 15€.

Aquí vos deixamos cunha mostra desres artistas na Illa de Arousa.

Máis información

Máis citas na Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios