Venres. 03.05.2024
El tiempo

María Lago, nova alcaldesa de Muros

Maria Lago-BNG alcaldesa de Muros
Maria Lago co bastón da alcaldía muradá
María Lago, nova alcaldesa de Muros

A voceira do BNG, María Lago, alzouze por fin co bastón da alcaldía do Concello de Muros. Foi no pleno de investidura, adiado o seu día, celebrado esta mañádo venres 7 de xullo. Lago contou cos votos do sue grupo e do PSOE, co que formará goberno de coalición sendo a teniente de alcadesa Caridad González.
O PP votouse a si mesmo como tamén fixo o único edil partido independente Muros Centrado.

"Abrimos paso a unha nova etapa para o noso concello”, sinalaba de primeiras a nova rexedora. "Pretendo ser alcaldesa de todas e para todas”.

Lago releva a Inés Monteagudo, do Partido Popular, quen deixa o cargo que asumiu en 2019 a pesar de gañar un edil respecto ao resultado de fai catro anos ata o cinco concelleiros, a dous da maioría que si alcanzaron nacionalistas e socialistas grazas a un acordo de goberno pechado a última hora do xoves.

Comentarios