Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Medio centenar de familias xa aproveitan o servizo municipal de madrugadores de Muros

ensino recurso
Medio centenar de familias xa aproveitan o servizo municipal de madrugadores de Muros

O de madrugadores é un deses servizos que a Xunta derivou nas familias, nas ANPAS. Pero este curso, o Concello de Muros decidiu poñer en marcha Servizo Municipal de Madrugadores, un programa de conciliación no CEIP Plurilingüe de Louro, o CEIP Ramón de Artaza y Malvárez, e o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

Despois duns meses de colaboración coas Anpas, o concello decidiu xestionar directamente este curso o servizo de Madrugadores, gratuíto para as familias. Neste comezo de curso, xa hai 17 nenos e nenas no CEIP de Louro; 28 no Ricardo Tobío, e 9 no Ramón de Artazga. En total, 38 familias e 54 nenos e nenas.

“Os datos reflicten que as familias necesitaban este servizo, co obxectivo fundamental de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das nais e pais que o precisen antes do inicio do horario lectivo”, sostén a alcaldesa de Muros, María Lago.
“O concello consensou detalles coas familias usuarias para que o servizo facilite efectivamente a conciliación real, aproveitando as vantaxes que nos dan as características da nosa comunidade educativa e permitíndonos ofertar un servizo case a carta, onde ninguén quede fora”, engade a alcaldesa.
“Con este novo servizo, damos resposta a unha demanda dos centros educativos e a unha necesidade das asociacións de nais e pais”, engade Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino de Muros.
 

Comentarios