Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros mergúllase no talento local

Aquelandro Teatro de
Aquelandro Teatro nunha función anterior
A Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros mergúllase no talento local

Aquelando Teatro, a compañía muradá, será protagonista este sábado 13 de maio da nova entrega da XV Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros. Faino coa estrea “Daqueles Sesenta”, ás 20:30 h. Centro Cultural e Xuvenil de Muros, para o que haberá que coller sitio con tempo (as entradas son de balde, ate completar aforo, mais poden ser reservadas por anticipación nas oficinas do centro cultural e polos métodos habituais).

Dirixida por Lucho Penabade Outeiro, veremos en escena veciñas como Carmen Torea Rama, Lita Cantariño Cubelo, Juana Caamaño Lago, Jesús Manuel Sendón Rebollido, Silvia Blanco Lojo, Mariña Rey Martínez, Lola Barreiros Lestón, Bernardino Fernández Lloréns, Pepa Caamaño García, Maruxa Mayo Priegue, Belén Vidal Piñeiro, Ana María Fernández Martínez, Dora Formoso Figueiras, Gabriel Sestayo Lago.

A obra rescata a memoria, e a traves dun nxogo teatral, no traballo en conxunto e na empatía, “aquelan” esta peza de teatro coa finalidade de compartir coa nosa xente aqueles sesenta que semellan tan lonxanos mais que están tan próximos.

Máus citas

O luns 15 de maio, ás 12:00 horas chegará a quenda, igualmente no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, do Grupo de Teatro Ocupacional de Valadares. Faino coa “A Consulta Tola”, dirixida por María do Carme Estévez e con Isolina Vigo, Mariña Rey, Irene Lestón, Cristina Antelo, Lourenza García, Nieves Figueiras e Juan Moledo no escenario.

Xa para o mércores 17 de maio, ás 18:00 horas, no Curro da praza Xarope Tulú representará “ A Lingoreteira”.

E para pechar a Mostra o grupo local da Asociación Cultural O XEITO, de Esteiro, realizará tres funcións da obra que estrean na propia Mostra, “A Faneca Brava”, e que terán lugar o xoves, 18 de maio, ás 10:30 e 12:00 horas, destinada a público escolar, e o sábado, 20 de maio, ás 20:30 horas, destinada a público aberto.

Comentarios