Muros acollerá a XI Gala do Fútbol da Costa-QPC
Esta tarde, o equipo de QPC presentou no Salón de Plenos do Concello de Muros, a XI edición da Gala do Fútbol da Costa-QPC. Acompañados por - María Lago, alcaldesa de Muros; Damián Torea, Concelleiro de Deportes do Concello de Muros; Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol; Xosé Manuel Pensado, da ONG Egueire; Vinto Tajes, presidente da Asociación de Clubs do Fútbol da Costa ASFACOS; e Bibi, representante dos Miúdos; os membros de QPC Alberto Pose e Óscar Leis debullaron os detalles desta nova celebración que servirá para pechar o curso futbolístico 2025/26.
Foi Alberto Pose o que deu os datos principais, agradecendo a colaboración do Concello de Muros, da Real Federación Galega de Fútbol, de Asfacos, da ONG Egueire e das Escolas Deportivas dos Miúdos:
- A cita será o venres 12 de xuño ás 20:30h no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
- Serán máis de 40 os premios que repartirán entre os equipos das 4 categorías do fútbol masculino e as 2 do fútbol feminino sénior.
- Coma sempre, os trofeos serán os prezados balóns da Olería de Buño, feitos polo Taller Feituras, demostrando tamén a nosa promoción dunha artesanía comarcal centenaria.
Alberto agradeceu a colaboración dos patrocinadores, que fan posible estes eventos que sirven de punto de encontro do noso fútbol, e que vertebran a comarca, de Malpica a Carnota, de Carballo e Muros, a través do deporte:
- Maquisaba
- Saunier Duval
- Restaurante Álvaro de Muxía
- Autocares J. Pombo
- Restaurante Praia das Lanchas de Muxía
- As Baleas de Cee, Olveira e Muxía
- Albañilería Esteban Blanco
- Apligasa
- Artio
- Cristalería Vilas
- Ramacar
- Máis Deporte Cee
- CMA Construcción
- Muebles e Colchonería Carrasco
- O Moncho Burguer de Lira
- ASFECO
- Iván Vilanova & Insua
- Cociñas JOCAR
Foi Óscar Leis o que foi debullando os detalles e dando paso aos invitados, e deixando claro que a meirande parte dos premios (á excepción dos pichichis e os Premios Pombo) son escollidos a través dunha votación de case 100 persoas dos nosos clubs.
Falaron a alcadesa e o concelleiro de Deportes de Muros, María Lago e Damián Torea, coñecido como "Kajulo" no mundo do fútbol coteiro. Lago destacou a importancia do fútbol no concello muradán, e o destacado papel do fútbol feminino. Pola súa parte e Kajulo recoñeceu a alegría de acoller un evento de tal magnitude para un deporte que leva tan dentro, e viu como moi positiva que a Gala vaia rotando polos concellos da comarca para podermos disfrutar non só sobre o céspede.
Tamén valorou a actividade que se realiza a través do noso fútbol da Costa, que "lle dá vida" ás nosas vilas, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto.
Axudando a Costa de Marfil
Foi Xosé Manuel Pensado o que explicou o proxecto que está desenvolvendo a ONG costeira Egueire en Costa de Marfil, e no que está colaborando QPC. Xa o Torneo Solidario deste Nadal serviu para recadar fondos para a construción dun comedor escolar nun cole de Ebunou, unha vila costeira do sur de Costa de Marfil. Desta volta volveremos vender rifas e sortear certos elementos de artesanía africana para seguir axudando de Costa a Costa. A Fila 0 aínda está aberta, por certo! ;-)
E aí, os Clubs da ASFACOS queren tamén poñer o seu grao de area, e como explicou Vinto Tajes, a resposta dos clubs cando lle pediron a doazón dunha camiseta para sortear, foi mo iben acollida.
Afiou Vinto agradecendo as iniciativas coma estas arredor do Fútbol Costeiro, recoñecendo que se non se fixeran, a comarca sufriría un incómodo silencio.
Máis novas
REPASO DAS GALAS
- Gala 2025 (Vimianzo): 10 anos de Gala do Fútbol da Costa, 10 anos de identidade.
- Gala 2024 (Santa Comba): O Fútbol Feminino volveu demostrar o seu potencial nunha Gala do Fútbol da Costa-QPC na que triunfaron Xallas e Castriz
- Gala 2023 (Corcubión): Unha Gala do Fútbol da Costa para unir e render homenaxe ao UD Corcubión
- Gala 2022 (Malpica): A Gala de Malpica volveu unir o Fútbol da Costa.
- Gala 2019 (Dumbría): O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018 (Santa Comba): A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017 (Muxía): A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016 (Mazaricos): Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015 (Cee): O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014 (Dumbría): QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013 (San Comba): Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.