Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros emitiu en directo o seu primeiro pleno a través da rede

Muros emitiu en directo o seu primeiro pleno a través da rede

Aplaudimos a boa iniciativa do Concello de Muros de emitir online e en directo, os plenos municipais. Onte, xoves 29 de outubro, foi o primeiro pleno que puideron seguir os veciños a través da canle de youtube do Concello de Muros, e foron moitos os que o seguiron e os que o poden velo cando poidan e queiran.

As cifras falan: 87 visualizacions do video do pleno subido nas primeiras 9 horas. No directo ata 45 persoas conectadas. 9 me gusta no directo. Suscriptores da canle: 31. Comparando cos datos de outros directos, os de onte foron boísimos.

Un pleno cun ton bastante relaxado, que comezaba cun minuto de silencio pola nova vítima de violencia de xénero, con dúas mocións aprobadas por unanimidade, e que só contra o final, na longa rolda de rogos e preguntas, subía un pouco de ton cas disputas verbais entre ex alcaldesa Caridad González (PSOE) e a alcadesa María Xosé Alfonso (CxG).

O uso do porto, as redes de sumidoiros, os soldos políticos… foron moitos os temas tratados nas mocións ordinarias, nas de urxencia e nos rogos e preguntas. Comproben vós mesmos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios