Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muros, listo para o Duatlón

MUROS DUATLON Presentacion
Presentación oficial do Duatlón
Muros, listo para o Duatlón

O Concello de Muros ten todo listo para o VIII Duatlón Eleuterio Balayo, que se celebrará este sábado, 13 de abril. O concello acolleu onte a a presentación da proba, que será ademais o Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior.

Son xa case un total de 300 os inscritos e incritas para disfrutar desta proba, 150 na proba Sprint Popular 130 e 160 para o Campionato Galego Supersprint nas categorías cadetes , xuvenis e Junior.

A proba do Campionato Galego Supersprint terá a saída ás 14.45h, mentres que o Sprint Popular será a partir das 17:00h. Ambas con saída e chegada na Dársena de Muros.

O Circuito a pé será dando varias voltas polo casco ata a fábrica de Sel, mentres que o circuito de bici irá dende Dársena ata o segundo mirador, casi ata Louro. Deste xeito, a estrada comarcal AC 550 permanecerá cortada ao tráfico de 14:30 a 15:45 e de 16:45 A 18:30 entre os puntos quilométricos 40,500 e 36,800, en dirección de Muros a Cee, é dicir, entre a zona da lonxa vella e á estación depuradora do cámping “A Vouga”.

CARTEL_DUATLON Muros 2024 copia

“Unha proba que sempre ten moi boa acollida e lembra ao noso veciño Eleuterio, que tanto apoiou o deporte no noso concello”, afirmou María Lago, alcaldesa de Muros.

“Un ano máis, Muros será este sábado a capital do duatlón galego”, manifestou o concelleiro de Deportes, Damián Torea.

Juan Carlos Ageitos Sampedro, delegado comarcal da Federación Galega de Triatlón, destacou “a calidade do circuíto e o nivel dos e das atletas que competirán este sábado en Muros”.

Máis novas do Duatlón

 

Comentarios