mércores. 14.05.2025
El tiempo

Muros mira ao mar aprendendo a cociñar con algas

Muros mira ao mar aprendendo a cociñar con algas

Impresionante o programa de actividades Muros mira ao mar 2011. Non para de achegar propostas aos veciños de toda índole, e hoxe toca sesión culinaria. Pero moi novedosa, xa que as algas son esas grandes descoñecidas nas nosas cociñas, malia sermos unha bisbarra tan mariñeira.

Así, tralos obradoiros de elaboración de traxes de cotío, e o desfile das Muradanas, preparan dúas actividades máis coas que pretenden facilitar ferramentas de participación e ambientación. Son o obradoiro de Cociña con algas e o de Nós mariñeiros.

Concretamente hoxe traemos a falar do obradoiro de "Cociña con algas", que se vai desenvolver no Mercado Municipal de Muros os días 6 e 7 de maio, venres 6 e sábado 7 de maio de 17:00h a 19:00h, impartido pola Aula de Cociña Portomuíños, toda unha referencia a nivel internacional, sendo pioneiros na elaboración de cociña con algas e outros pratos innovadores.

Nos obradoiros, ademáis de elaborar unha serie de receitas, vaise mostrar ás diferentes especies de algas con uso culinario, e cómo traballar con elas (deshidratadas, en salazón, en fresco...). Algunhas das receitas: empanada de algas e berberechos, tartar de algas con bacallau confitado e coulís de mango, arroz meloso de wakame e mexillóns, revolto de espaguetis de mar con alletes.....

O obradoiro do día 6 vai dirixido ós profesionais da hostalería, e o do día 7 ó público en xeral. Ademáis, aproveitando a visita de estudiantes de intercambio no IES Fontexería, vaise facer unha sesión especial o sábado pola mañán, con elaboración de pizzas e outros pratos, pensando nos máis novos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa e fotos da man de Inés Monteagudo.

Comentarios