Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Muros pechou o Entroido cun fúnebro Entroido de Don Facundo

Muros pechou o Entroido cun fúnebro Entroido de Don Facundo
Enterro de Don Facundo no Entroido de Muros-Foto QUin Muros 2

Esta fin de semana analizaremos a tradición entroideira da Costa da Morte e destes enterros, pero hoxe queremos achegarnos ata Muros para ve como foi o seu completo Entroido.

Un Entroido de Muros 2013 que tivo de todo, pero que se centrou no sábado e no mércores. O sábado tivo lugar un fermoso Concurso de Comparsas con dúas grandes protagonistas, que demostraron que o frío e a vergonza non existen nas festas muradanas. Primeiros quedaron os da "Verbena da Festa da Xesta", con cantantes coñecidos no fútbol costeiro entre outras grandes estrelas... E por detrás, e moi ben traballados, levaron o segundo premio a xente da Brincadeira, co seu fermoso "Bosque Máxico" que firmaría o propio Tolkien.

E tocaba pechar o entroido cunha gran cita: o Enterro do Facundo en Muros. O mércores unha procesión fúnebre despediu a este "gran vividor-bebedor". As mulleres votarano moito de menos. Benditas farras e caralladas que foron o seu leimotiv. Comeu, bebeu, disfrutou do mundo e da carne. Ata o ano que ben benquerido Facundo. Así o despedían adicándolle algunha copla.

Enterro de Don Facundo no Entroido de Muros-Foto. Quin Muros Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri Elfos Non hai frío no Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri Elfos Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri Entroido Muros 2013- Foto Jorge Parri

Máis Enterros

E estean atentos que esta fin de semana aínda quedan entroidos que vivir. Como o de Cee no sábado de Piñata, o de Baíñas, ou o novedoso Enterro do Percebe de Muxía, o Caietano de Laxe e a gloriosa Mikaela de Malpica.

Entroidos vidos

Entroidos por vir

Fonte

Comentarios