Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros prepara un Entroido espectacular

Muros prepara un Entroido espectacular

Impresionante o programa cultural que ofrece o concello de Muros para este Entroido. O teatro, os disfraces e as comparsas serán as protagonistas, en 5 días de vértigo. Dende o venres 4 de marzo ata o Martes 8, as actividades desenvolveranse polas parroquias e na vila muradá.

Así, o venres 4 a Casa Reirotal de Torea acollerá a primeira festa de disfraces. Festa que terá lugar en Agrovello (Tal) e Surrobos (Abelleira) o sábado; o luns en Esteiro e Serres, e o martes en Louro.

Pero a cita clave é o Concurso de Comparsas que se celebrará o domingo 6 de marzo. Hai máis de 2.000€ en premios e o prazo está aberto ata o propio día.

Programa Cultural de Entroido

A Concellería de Xuventude envíanos tamén o programa de marzo, coas citas co teatro e co cine.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concellería de Xuventude de Muros.

Comentarios