xoves. 01.05.2025
El tiempo

Muros prepara un Nadal teatreiro e Solidario

Muros prepara un Nadal teatreiro e Solidario
Concerto Nadal Escola Musica de Muros Para celebrar o Nadal o centro cultural de Muros énchese de teatro. O sábado 16 arrinca unha programación teatral no Centro Cultural que achegará 7 espectáculos a esta vila que tanto aposta pola programación cultural continua. Un día antes, o día 15 arrinca o Nadal o Mercadillo Solidario, que se programa en colaboración con todos os centros de ensino do municipio, recada fondos para as entidades de Cáritas de Muros e Esteiro. Ademais, a campaña de recollida de alimentos de Cáritas estará en marcha ata o 21 de decembro. Ao día seguinte, o sábado 16, chegará ao centro cultural a compañía de teatro REDRUM, para poñer en escena o seu novo espectáculo, “A canción do elefante”, destinada a público adulto. A cita con Guillerme Carbajo, Ernesto Chao, e Patricia Vázquez, o sábado 16 ás 21:30h. O día 20 haberá parón musical co Concerto de Nadal da Escola de Música de Muros. A programación continuará coa representación de seis espectáculos infantís, os días 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 3 e o 13 de xaneiro. Unha semana máis tarde, o sábado 23 ás 18:00H, visitará Muros a compañía MALASOMBRA, que representará a obra “Os fabulosos Cleaners”, que dará comezo ao Ciclo de Teatro Familiar no Nadal en Muros; e se completará con outros cinco espectáculos familiares. Uns días despois acompañaranos, no mesmo escenario, as compañías arxentinas Tres Tigres Teatro e CHACHAKÜN, cos espectáculos “Serenatas embichadas”, o xoves, 28, “El Investigatopo” o venres 29, e “Los sueños de Trucas”, o sábado 30; todos eles ás 18:00 h. O Ciclo pecharao a compañía Danthea, co espectáculo “Cincenta”, que se representará en Muros o sábado 13 ás 18:00 h.

Merca no Casco

Boa iniciativa dos comerciantes do Casco Vello de Muros. Merca no Casco de Muros

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios