Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Concello de Muros prohibe as laradas en praias e vías públicas

Imaxe dun San Xoan nunha praia da Costa da Morte
Imaxe dun San Xoan nunha praia da Costa da Morte
O Concello de Muros prohibe as laradas en praias e vías públicas

Mentres a meirande parte dos Concellos abren o prazo para solicitar permiso para facer as cachelas, o de Muros vén de emitir un bando no que as prohibe.

”Non está permitido facer as laradas en praias, vías públicas, xardíns ou parques públicos, en terreos forestais ou nas proximidades de masas arbóreas”. Dende o Concello aseguran que “non se prohiben as laradas”, e de feito abren o prazo para presentar solicitude ante o 17 de xuño ás 14:00h para facer unha cacharela, enténdese, en terreos privados.

”O que non se pode e facelas nas praias e viais, e unha cuestión de respecto polo noso entorno e tamén polo traballo de moita xente que vive do mar, como as mariscadoras”, sinala a alcaldesa Inés Monteagudo. “As nosas praias practicamente todas son zonas de marisqueo, e os residuos que se producen son difíciles de limpar, e agresivos para o medio”, explica.

Novas relacionadas

Comentarios