Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Tempo de pedir permiso para as cachelas de San Xoán

Cachela de San Xoan
Tempo de pedir permiso para as cachelas de San Xoán

Chega a esperadísima festa do San Xoán. E este ano toca previr a festa, por iso os Concellos da volta abren o prazo para pedir permiso para facer cachelas na casa ou en recintos. Repasamos algúns dos Concellos que xa emitiron os bandos informativos:

Concello de Carballo

Carballo permite cachelas e barcacoas a familias e hostalería, coa obriga da comunicación previa, antes do 21 de xuño, cubrindo a instancia específica, que pode descargarse en www.carballo.gal e presentándoa na planta baixa da Casa do Concello ou en [email protected].

”O obxectivo do trámite é facilitar ás forzas de seguridade a localización das cachelas por se fose precisa a súa intervención”, explican.

Ademais, poñen certas normas: As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros, cunha altura máxima de 2. Os materiais a empregar serán materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva.
Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048).

Descenso do Anllóns

Ademais, o Concello presenta as bases para presentarse para o XXIII Descenso do Anllóns.

Descenso Anllons

Concello de Carballo

O Concello de Zas tamén abriu o prazo para solicitar os permisos para a realización das cachelas de San Xoán e de San Pedro. Podes descargar aquí o modelo que se debe presentar Rexistro do Concello de Zas xunto co DNI da persoa responsable - que deberá de ser maior de idade - e coa identificación da parcela na que se realizará a cachela mediante un plano de situación ou a referencia catastral da mesma. As solicitudes deben presentarse antes do día 17 de xuño.

En Zas queda terminantemente prohibido facer fogueiras en espazos públicos; tales como prazas, parques, rúas ou beirarrúas ou noutros que non se autoricen.
Poñen tamén normas semellantes, que poden preguntar no 981 708 303 (en horario de luns a venres e de 09:00 e as 14:00h).

Concello de Ponteceso

Por Ponteceso, avisan de que as persoas interesadas en montar unha cachela deberán solicitar autorización e vixiar o lume ata que estea totalmente apagado. Para asegurar que o lume queda apagado, empaparán a cinza con auga.

Así, as persoas interesadas en montar unha cachela deberán presentar a solicitude de autorización no Rexistro Xeral ou na Sede Electrónica do Concello, antes das 14.00 h do 23 de xuño de 2022.

Novas relacionadas

Comentarios