Muros recibe a visita das Feminissimas

A obra versa sobre tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven, que teñen tres maneiras distintas de entender o “feminismo”…: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida desta creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as
mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
As entradas tén que ser reservadas previamente, ben nas oficinas do centro cultural de Muros ou no teléfono 981762294, de luns a venres, de 08:30 a 15:00 horas; e tamén poden solicitarse no correo electrónico cultura@muros.es , ou en Internet por medio do formulario de Google creado para cadansúa.