Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Muros rehabilitará, por fin, o Cine París

Estado actual do Cine paris de Muros
Estado actual do Cine París de Muros
Muros rehabilitará, por fin, o Cine París

Leva o proxecto pendente dende 2011, pero parece que por fin, tras moitos meses detrás dos andamios, o Cine París de Muros cambiará de cara. Así o asina o Concello, que ten en proceso de licitación a obra de rehabilitación, así como a reforma da praza do Cristo, na parroquia de Tal, situada en fronte da igrexa, que tamén terá a súa reforma co financiamento do Plan Único da Deputación.

A primeira fase da rehabilitación do Cine será a renovación do tellado, das paredes e a cimentación. Deste xeito, o auditorio quedará completamente diáfono, e perfectamente utilizable para todo tipo de actividades.

O prazo de presentación de oferta das empresas para o proceso de licitación remata o 27 de marzo, polo que a adxudicación definitiva será ao longo de abril. O prazo de execución é, en principio de 8 meses, pero seguramente as empresas oferten redución de prazo, polo que a obra é posible que estea a comezos do 2020.

A historia de rehabilitación do Cine París de Muros

Comentarios