Muros será esta fin de semana un auténtico Mercado Mariñeiro
Muros volve, un ano máis, mirar cara o mar. A Comisión Organizadora das VIII Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” xa presentou a programación deste 2012. Unhas Xornadas de revalorización da vida mariñeira que terán lugar esta mesma fin de semana, do 6 ao 8 de xullo.
Serán 3 días completos de actividades. Música, artesanía, tradición, xogos, exposicións, obradoiros, charlas, teatro... E mesmo un par de concursos, como son os Concursos de Tapas e Petiscos e o de Ambientación Mariñeira.
Dende ás 10:00h do venres 6 de xullo e ata ás 23:00h do domingo non parará a vila de Muros. A antiga fábrica de Sele e o Pozo do Cachón acollerá varias exposicións. Ademais, habera en Sel dúas charlas o venres, unha sobre a Muller na pesca e outra sobre a auténtica carpintería de Ribeira.
Obradoiros de cestaría, cerámica, encaixe, coiro... Teatro para pequenos e maiores, cos 7 magníficos máis 1, con Peter Punk, con Rudi Rudi... e música ao vivo con Pablo Seoane, Os Cuchufellos e Fol de Veneno, ademais da ambientación dos pasarrúas da Ximiela, Xeitura, Galanía, Faltriqueira, Agrocovo ou Longarela.
Non perdades a oportunidade. Cómpre visitar esta vila histórica engalanada e chea de vida.
Programa das VIII Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”
Máis información
- murosmiraaomar.wordpress.com.
- Facebook de "Muros mira ao Mar".
- Programa do Muros Mira ao Mar 2012 [pdf].
Novas relacionadas
- Xornadas 2011: Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).