Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Muros xa comeza a Mirar ao Mar

Muros xa comeza a Mirar ao Mar
Muros Mira ao Mar 2013

Xa están en marcha unhas das festas máis fermosas de recente creación na zona. De feito, xa temos cartel das IX Xornadas de Cultura Mariñeira Muros "Mira ao Mar". A gañadora do certame foi Paloma Quintela García, e o seu debuxo será o que sirva de cartel para promocionar esta festa tradicional.

A cita será os 5, 6 e 6 de xullo deste 2013, e Muros tinguirase de mar para acoller a milleiros de visitantes e veciños da zona que busquen sumerxirse por uns días no pasado máis salgado da vila muradá.

Aínda non temos o programa pero o que si temos é este vídeo promocional, que nos avanza lixeiramente que teremos de todo: exposicións, obradoiros, gastronomía, mercado mariñeiro, teatro na rúa, pasarrúas, visitas guiadas, xogos populares, charlas, embarcacións tradicionais, certames e concursos, música en vivo...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios