Muros xa treme pensando no Castelo Rock


Xa estamos aí. Non queda nada para os dous días do Festival Castelo Rock 2012. Unha festa que parte da música como un elemento de difusión e promoción cultural a través dun cartel de artistas que expresan o carácter do festival, mesturando a riqueza musical do pobo, de Galicia e do estado.
Así explican os memobros da organización da ACRD Praia do Castelo esta aposta pola música rock, máis alá das cláscias verbenas.
Dende os seus comezos, e xa van 10 anos, o Castelo Rock presentouse como unha aposta de dinamización económica local a través da cultura musical. E abofé que o conseguen porque o feito de achegar milleiros de persoas de toda Galicia á vila durante 2 días repercute en moitos sectores.
Poderemos gozar dun festival gratuíto á beira da praia, nunha das vilas máis fermosas e visitadas de Galicia, na que destacan a súa riqueza ambiental e histórica. A fusión da música e do turismo converterán Muros nun contorno de primeiro nivel, onde pasar uns días irrepetibles. No que, ademais, poderán gozar dunha gastronomía tentadora e asequible para todos os petos.
Cartel 2012

A IX edición do Castelo Rock celébrase na praia do Castelo, en Muros, os días 3 e 4 de agosto. Nesta edición incluiremos artistas de primeiro nivel, galego e nacional. O cartel englobará artistas galegos da talla dos Dios ke te Crew ou Ruxe Ruxe; así como, outros máis emerxentes como Skarallaos ou Medomedá. E de fóra das fronteiras galaicas, apostamos por un son con identidade, coma os andaluces Trashtucada ou os madrileños Bodega Bodega.
Sen esquecernos dos máis clásicos, Sonotones, que cunha extensa carreira achégannos ao rock máis castizo. E por último, unha das voces da nosa contorna a banda tributo a La Polla Records, Sozios a la Fuerza. Como peche de festa, os DJ’s muradáns, AntoniodeBeiro.Dj. e Perrecho DJ poñerán os ritmos máis bailables.
Ademais a oferta vai moito máis alá: música de rúa, pasacalles... que amenizará as mañás e os seráns do festival.

Máis información
Novas relacionadas
Máis novas festivaleiras
- 10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte.
- Maxia electrónica e deportiva no Beach Party Carnota.
- O Nordestazo xa é de Primeira División.
- A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- O Xiria Pop propón un setembro garaxe<7a>.
- Un Atalajazz de estreo en Laxe.
- Cempés, A Quadrilha, Xarnege e Ultraqans para a XXIX Festa da Carballeira de Zas.
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Dous días de Festival no IX Castelo Rock de Muros.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Xa vividos:
Por disfrutar: