Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Noa Díaz enfrontarase a Bernardo Fernández para relevar a Valentín González Formoso no PSOE provincial

23.-Noa-Díaz-Varela
Noa Díaz enfrontarase a Bernardo Fernández para relevar a Valentín González Formoso no PSOE provincial

Unha vez que Valentín González Formoso se convertiu en Secretario Xeral do PSdG, o partido a nivel provincial ten que escoller nova primeira espada. 

A segunda en mover ficha é a deputada Noa Díaz, natural de O Saviñao, pero que xa ten presentado varias propostas no parlamento vinculadas á zona da ría de Muros. Díaz presentou este martes 28 a súa precandidatura á Secretaría Xeral Provincial da Coruña.
“É hora de que as mulleres deamos un paso decidido á fronte do PSdeG e incorporemos a nosa visión á maneira de facer política”, sinala

Díaz rivalizará co alcalde de Pontedeume, Benardo Fernández, que xa viña anunciando nas últimas semanas que se presentaría. “Veño dunha agrupación pequena, a primeira vez que me presentei á alcaldía de Pontedeume acadamos tres concelleiros e nas pasadas eleccións nove, cunha política na que a única meta é mellorar a vida dos veciños e veciñas”, apunta.

Será outra nova batalla entre os equipos de González Formoso (do que forma parte Bernardo) e Gonzalo Caballero (máis afín á Noa Díaz).

Bernardo Fernandez PSOE

Comentarios