sábado. 14.12.2024
El tiempo

O Concello de Muros emitirá online o seu primeiro pleno en directo

O Concello de Muros emitirá online o seu primeiro pleno en directo
Canle de Youtube do Concello de Muros

Pedírono dende a oposición, e parece que a promesa electoral vai ser realidade. Aplaudimos todas as propostas que fomenten a transparencia municipal e poucas farán tanto como grabar os plenos.

Así o ten decidido e preparado o Concello muradán, que informaba onte a través das redes sociais que ten listo o Canle de Youtube para Emisións en directo, unha dirección web que permitirá ver as sesión plenarias en directo. O primeiro, o deste xoves 29 de outubro a partir das 21:00h.

Non só se poderán ver en directo, senón que quedarán almacenadas na rede para que calquera veciña ou veciño poida consúltalo cando lle veña ben.

Trátase, segundo a alcaldesa María Xosé Alfonso, unha medida de transparencia, considera que “a cidadanía ten dereito a coñecer que votan e que argumen-tan os partidos políticos nas sesión plenarias”. “É algo que xa reclamábamos ao anterior goberno municipal e o levabamos no noso programa elec-toral".

O grupo de goberno cumpre así un dos puntos que veu anunciando ao longo dos catro meses de mandato municipal. María Xosé indicou que medidas deste tipo “acercan a toma de decisións ao conxunto das veciñas e dos veciños de Muros”

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios