O Curso de Monitor de Tempo de Libre de Muros xa cubriu todas as prazas

09:23 31/03/11

O Concello faise cargo da metade da matrícula
Ademais da organización do curso, o concello subvenciona a matrícula para a xente empadroada, que deberán aboar 150,00 €, no canto dos 300,00 € que si terán que pagar as persoas non pertencentes ao Concello de Muros.A Sala NASMO, punto de encontro para a xuventude
O lugar no que se levará a cabo este curso será a Sala NASMO (Nave de Servizos á Mocidade) localizada no lugar de Baño - Serres, infraestrutura que viu a luz no ano 2009 e que está a albergar numerosas actividades. Na actualidade conta con 16 grupos que fan uso do local de ensaio, unha aula formativa na que se desenvolven varios cursos e xornadas e unha aula dedicada ao uso das novas tecnoloxías, que ofrece acceso gratuíto á internet.Novas relacionadas
- Curso de Monitor de Tempo Libre subvencionado en Muros.
- O traxe tradicional de Muros invade a Costa.
- A banda muradá Terbutalina presenta o seu primeiro traballo.
- Muros sabe a mar.
Fonte
- Nota de prensa da Concellaría de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Muros.