O poeta Marcelino García Lariño é galardoado coa "Medalla da vila de Muros"

09:25 02/05/11
O regulamento de honras e galardóns do Concello de Muros instituiu o galardón “Medalla da Vila de Muros” coa finalidade de "premiar a aquelas persoas ou entidades que polos seus méritos acadasen un prestixio social excepcional contribuíndo á mellorala súa imaxe e a divulgalo seu coñecemento". Para o Concello muradán estes méritos conxúganse na figura do poeta muradán Marcelino García Lariño, tamén coñecido por Marcelo da Rabela.
E así foi aprobado no pleno do pasado venres, cando a corporación votou a favor de que se lle outorgue a medalla a Marcelino García Lariño.
E, entre outros, polos seguintes motivos:
- Por ter impulsado e participado de maneira brillantre en canta actividade cultural fora desenrolada a prol do noso municipio.
- Pola súa laboura desinteresada e incondicional de animador, cronista e albacea do acervo común. Polas súas aportacións.
- Por ser memoria viva do anecdotario vilego con máis de oitenta anos ás costas.
- Pola súa meritoria obra lírica, humorística e narrativa coñecida a través dos títulos publicados e de unha abondosa obra aínda inédita. Que toca sempre a fibra máis sensible da muradanía coa variña máxica da palabra precisa.
- Por ser unha persoa de acervo transversal a quen uns e outros respetamos, apreciamos, escoitamos e queremos.
- Por ter acreditado ao longo da súa vida adulta un indiscutible e acendrado amor a Muros e ao seu entorno.
- Porque certamente o merece. E porque coa súa honra engrandecemos ao Concello, que desta maneira queda tamén honrado.
Aquí vos deixamos cun vídeo de Marcelo da Rabela lendo un poema.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Muros.