O PP de Muros escoita a voz do comercio local


Chegan as Municipais e cómpre estar preto das entidades. Así o entende a candidata do Partido Popular á alcaldía de Muros nas próximas Eleccións Municipais, Inés Monteagudo, que mantivo este pasado venres unha xuntanza con profesionais do comercio para debater propostas que axuden a dinamizar o sector.
Monteagudo analizou a posta en marcha de iniciativas de remodelación e actuacións urbanísticas nas zonas comerciais, así como o desenvolveu de diferentes actividades. Ademais, incidiu na importancia das mesas sectoriais organizadas polo seu partido, e denunciou que o goberno local non utilizado ningún dos órganos de participación cidadá cos que conta.
Os populares, que se reuniron con máis de 70 entidades, destacan o “abandono” no que se atopan os sectores do comercio, o turismo, a hostelería e a educación.
Novas relacionadas
- O PP, o primeiro en amosar todos os candidatos de cara ás Municipais, agás Vimianzo.
- O PP de Muros cambia de cara.
Fonte
- Nota de prensa do PP provincial.