Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O San Pedro de Muros baila a ritmo do jazz e do rock local

O San Pedro de Muros baila a ritmo do jazz e do rock local
Noite Rock no San Pedro de Muros 20125

A tope están as festas do San Pedro de Muros, xa co permiso de Portos de Galicia asinado. Este luns 29, día de San Pedro, toca gran festa verbeneira, pero a música das bandas locais tamén teñen o seu momento.

O luns, ás 21:00h, haberá concerto de jazz da Escola de Música de Muros, cos rapaces que xa temos escoitado e que marabillan a calquera.

Pero a verdade, se o jazz vai collendo espazo, en Muros o que triunfa por encima de todo é o rock de sempre, o rock español, como o refrenda o cartelón do Castelo Rock 2015.

Como previa poderemos saborear este martes 30 de xullo, a partir das 0:00h no Curro da Praza, a Noite de Rock do San Pedro muradán, con 4 bandas locais. Re-Acción, Archivo Adxunto (ambos con rapaces do IES Fontexería) e os loureáns Zeros abrirán o festival, para rematar coa banda muradá máis internacional, Terbutalina, xa co título de Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.

Menuda festaza!!!

Novas relacionada

Fonte

Comentarios