![Alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia visitan Muros]()
Alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia visitan Muros. Imaxe: Alfonso Mera
Un total de 43 alumnos de 1º e 2º de ESO do IES Campo de San Alberto de Noia visitaron o pasado venres, 13 de novembro, a vila de Muros para coñecer o
proxecto cultural e turístico "Auga e Sal".
“Muros vila de Auga e Sal” é unha iniciativa, promovida pola Parroquia de San Pedro de Muros e a Confraría de Pescadores, e apoiada polos Fondos Feder do GAC, que pretende recuperar o patrimonio da vila muradá vinculado á súa tradición mariñeira, tanto polo seu valor cultural como polo seu potencial turístico, sempre enfocado a dinamización da economía local.
![Os alumnos tomaron notas sobre o Camiño Inglés]()
Os alumnos tomaron notas sobre o Camiño Inglés
Desta forma, os alumnos desfrutaron dunha completa xornada na que descubriron parte da etnografía, da historia, da arte e do patrimonio existente no
concello de Muros.
Durante a visita, os participantes recabaron información para os posteriores traballos escolares sobre o tramo entre Muros e Santiago do Camiño Inglés.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).