Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os Miúdos engalanarán as rúas do Muros mira ao Mar

Os Miúdos engalanarán as rúas do Muros mira ao Mar
A Ambientacion e un dos tesouros do Muros mira ao mar

Xa non queda nada para as XI Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar 2015. Os vindeiros 10, 11 e 12 de xullo a vila de Muros fará unha nova demostración de como poñer en valor a nosa cultura e costumes mariñeiros. Unhas datas nas que o pobo é protagonista e a través das asociacións forman a columna vertebral desta festa.

Xa teñen todo en marcha, e cun proxecto moi especial. O Concello, no canto de pagar a unha empresa especializada en ambientación, propúxolle ás entidades muradáns sen ánimo de lucro que presentasen un proxecto para decorar e ambientar as nosas rúas e canellóns, proxecto que se podería levar adiante con 2.000 €.Finalmente, malia que houbo máis entidades interesadas, só foron dúas as que o presentaron proxecto: AF Ximiela e ED Os Miúdos, dos que se seleccionou como proxecto gañador o achegado pola ED Os Miúdos.

Uns Miúdos que sempre montan a súa taberna mariñeira no centro da vila para recadar fondos para os equipos do fútbol base muradán. E que xa están traballando arreo, preparando a taberna, facendo mermeladas para vender, e colleitando redes, nasas, barcos antigos, velas, carro de vacas… centos de detalles pensando en como estaba o pobo antigamente.

De seguro que deixan a vila fermosísima.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios