Os pequechos de Muros vólcanse ca Danza


Este sábado, día 5 de novembro, ás 18:30 horas poderemos ver no Auditorio do Centro Cultural de Muros o primeiro espectáculo incluído no III Ciclo de Danza, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Muros, da que está ao fronte Charo Fernández Piñeiro. Trátase do espectáculo de danza-creación infantil “Xogando coa arte”, da compañía Experimenta danza.
Este Ciclo terá continuación ao sábado seguinte, día 12, coa organización dun obradoiro de danza moderna, dirixido a nenos/as, mozos/as de 6 a 16 anos e a representación do espectáculo “Desbaraxustes” do grupo As Dríadas.
Programa do III Ciclo de Danza
"Xogando coa arte"
- Espectáculo da Compañía Experimenta Danza.
- Sábado 5 de novembro – 18:30 horas.
A compañía Experimenta danza de A Coruña poñerá en escena o vindeiro sábado, día 5, ás 18:30 horas o espectáculo “ Xogando coa arte” dirixido a público infantil e familiar, especialmente indicado para os mais pequenos da casa.
Con este espectáculo trátase de por medio das cores e as formas poder gozar das aventuras dunha viaxe polo mundo da arte de vangarda.
O espectáculo está incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e a entrada custa 2,50 euros .
Obradoiro de Danza Moderna
- Sábado 12 de novembro – das 12:00 ás 14:00 horas
- Imparte: ARTESTUDIO.
- Destinatarios: Persoas de 5 a 16 anos, incluídos.
- Sábado 12 de novembro – 18:30 horas.
- Compañía: AS DRÍADAS.
- Festas do Centenario da Fonte da Pontella.
- O sur da Costa da Morte volve comerse o mar.
- Abre a Escola de Danza en Ponteceso para toda a Costa da Morte.
- Novembro do Patrimonio en Cabana de Bergantiños.
- Concello de Muros.
As Monitoras serán Alba Fernández e Estefanía Gómez. O obxectivo xeral do obradoiro e achegar a poboación do noso municipio ao mundo e a práctica da Danza Moderna, unha modalidade artística aínda moi descoñecida para o gran público, pero que consideramos constitúe un xeito de interpretación moi intenso e global.
O Prazo de inscrición: do 2 ao 11 de novembro. Prazas limitadas. Reserva por orde de inscrición, polo que suxerimos a tódolos interesados que se inscriban canto antes. A matrícula custa 1,50 €.
“Desbaraxustes”
O mesmo sábado 12 pola tarde, ás 18:30 h, serán as mesmas bailarinas, Estefanía Gómez e Alba Fernández as que demostrarán enriba do escenario do Centro Cultural de Muros, unha vez máis, o seu bo facer; nesta ocasión coa interpretación do espectáculo denominado “Desbaraxustes”, un espectáculo de danza moderna e hip-hop da compañía As Dríadas.
Este espectáculo de danza trata sobre a historia de 2 personaxes moi especiais que non se coñecen pero que teñen en común a súa paixón pola música e a danza. Os seus estilos son diferentes, pero ao final gracias a súa mesma paixón xurde unha unión entre elas que provocan unha interesante combinación de movementos novos na que xurdirán estilos como o funky, o hip-hop, popping, locking, krump, movementos do break dance e ballet contemporáneo, e tamén teatro, todo iso involucrando ó público para que todos xuntos nos introduzcamos neste novo mundo.
Esta función será gratuíta, por contar con colaboración da Excma. Deputación da Coruña.
Abono
Dende a concellería de cultura queren fomentar o achegamento a esta arte de tódolos nenos e xoves do municipio, e por iso decidimos facer un prezo especial a quen participe en todo o ciclo, que terá un custo global de 2,50 euros, que inclúe a entrada aos espectáculos e a participación no obradoiro.