Martes. 05.11.2024
El tiempo

Muros ponse de moda

Muros ponse de moda
Grupo de visitantes conecendo Muros Auga e sal Grupo de visitantes coñecendo Muros, a vila de Auga e sal Muros está de moda. Xa non cabe dúbida. A grande oferta cultural, a súa beleza, a súa vida nocturna, e o coidado do seu patrimonio (un dos cascos vellos máis fermosos e mellor conservados de Galicia) converten a Muros nun dos destinos máis apetecibles na Costa da Morte. Muros foi durante anos un punto de paso, pero xa é, dende hai tempo, un destino en si mesmo. Milleiros de persoas enchen a vila muradá cada verán. Enchen as súas terrazas, as súas praias, os seus cruceiros, os seus concertos, ou as súas festas. O proxecto Muros, Vila de Auga e Sal ten moito que ver con esta posta de moda. Un proxecto que nacía pensando na conservación do patrimonio, pero que vai moito máis alá. Un proxecto que fomenta a creación de emprego (4 persoas traballando xa) e que serve para dinamizar a hostalería, publicitar as actividades socio-culturais do municipio, os recursos turísticos... un proxecto para facilitar a estancia dos visitantes e facer que se sintan nun auténtico paraíso de Auga e Sal. Así, para completar unha oferta turística moi interesante, ofrecen Rutas Guiadas polo casco histórico (tamén factible para grupos e colexios), a tortilla romana…) co selo de calidade “Auga e Sal; ou a promoción do Camiño Inglés, son algunhas das propostas desta iniciativa que parte dende a sociedade. Muros Vila de Auga e Sal-Rutas Guiadas Argumentos hai moitos para convencer ao visitante de que Muros é o destino perfecto. As máis destacadas son: a) a importante cantidade de patrimonio relixioso que posúe Muros e que poñelo en valor aporta un atractivo engadido, b) a necesidade de fondos para recuperar, restaurar, rehabilitar e manter este patrimonio, entendendo que a difusión e exposición pode convertirse na súa propia financiación, c) contribuir humildemente na creación de emprego e na loita para que as visitas constitúan unha verdadeira demanda de traballo en todas as empresas de turismo, afectando indirectamente a todas as demáis.

Datos

O ano pasado contabilizaron case 8.000 visitantes durante o verán, dos que o 75% foron nacionais e o 25% estranxeiros. Uns datos que refrendan a idea de que xa é Muros nun dos portos de destino máis importantes de Galicia. Materia prima haina (praias, porto, hostelería, sendeirismo, casco histórico, gastronomía…), e remando na mesma dirección a vila seguirá refrendándose como un punto de destino fundamental en Galicia. Totem Muros Vila de Auga e Sal-Rutas Guiadas

Máis información

 

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios