Domingo. 22.09.2019
El tiempo

O Petroglifo Tras da Costa, un posible novo altar rupestre

Petroglifo da Tras da Costa-Foto-Elixio Vieites
Petroglifo da Tras da Costa-Foto-Elixio Vieites
O Petroglifo Tras da Costa, un posible novo altar rupestre

Volveu o bo de Elixio Vieites coa súa Historia de Galicia pola comarca, e fixo parada en Muros. Xa ten falado da Pedra das Cruces, da Pedra das Pías ou da Pedra das “Patudas” de Santa Mariña, tres das mostras da arqueoloxía lendaria que albergan os profundos bosques muradáns.

Petrogliflos da Pedra da Pia e da Pedra das Cruces en Muros-Foto-Patrimoniogalego
Petrogliflos da Pedra da Pía e da Pedra das Cruces en Muros-Foto-Patrimoniogalego.net

Pero desta volta quere destacar do Petróglifo de Tras da Costa, sito onde nace o Rego de Tal, entre as parroquias de Santa Mariña de Esteiro e Santiago de Tal. Mide 5 metros de longo por 2 de ancho, e as súas cazoletas son tremendamente singulares “distribuídas en 10 fiadas verticais” como describe a ficha do PXOM, actualizada en 2010. “É posible que o penedo sexa utilizado como marco territorial de fincas xa que forma parte dun valado”, recoñece o propio PXOM, dando conta da vida que as últimas xeracións deron ás rochas milenarias.

Dadas as formas xeradas na rocha, non desbota que poidamos estar falando dun novo altar rupestre, lugar de rituais ancentrais, pero Vieites prefire que sexan os expertos os que estuden o caso.

Posible Altar do Petróglifo-Tras-da-Costa-Elixio Vieites
Fotos de Elixio Vieites

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios