A Sala Nasmo e os colectivos muradáns demostraron que Muros é "profundamente musical"

Fotos de Xota Mayo

Emocionante o acto celebrado este sábado na Praza do Curro de Muros. As gañas de xuntarse da familia musiqueira muradá, e a propia natureza vistosa do evento, fixo que o "Sala Nasmo Drummer´s Day” se convertise nun fermoso encontro. O Festival-Demostración serviu para amosar o talento da mocidade muradá, gracias á colaboración entre varias das entidades máis activas do concellos. A Sala Nasmo organizou, pero detrás estiveron as Carrilanas Esteiro e a Escola de Música Municipal de Muros, coa colaboración municipal.

A xornada de festa abriuse coa actuación, como teloneros, de 4 rapaces da Escola de Música de Muros. Adrián, Elba, Fabián e Marcos, ás ordes do mestre Carlos González, demostraron a importancia de ter unha escola en cada concello.

Foron 12 os bateristas locais, de todas as iades, os que interpretaron ao unísono 5 temas sobradamente recoñecibles da historia do rock, tras varias semanas de ensaios, tanto na casa como na Sala.

O evento puxo en valor o traballo realizado polo local de ensaio durante os seus 11 anos de vida, baixo o control técnico e coordinación por Juan Figueiras que se ve recompensado coa irrupción no panorama galego e estatal de bandas como ”The Rapants”, "Lisdexia”, "Archivo Adxunto" ou "Sonophobia” que levan o nome do Concello de Muros por todos os lugares nos que actúan.

Despois do evento Fran de Lariño, dos Desterrados, deixou montada a batería e moitas crianzas descubriron que se sinte dándolle ás baquetas. “Un xeito de seguir facendo canteira, para seguir enchendo de xente a Sala Nasmo, porque sen a xente a Sala é só un edificio”, explica Figueiras. “O que máis me motiva é seguir creando canteira, e seguir demostrando que Muros, aínda que esteamos na Galicia Profunda, é profundamente musical”.

NOVAS sobre as bandas muradás