Santa Comba e Louro copan o podio do Concurso de Muiñeira de Negreira
Somos potencia en materia de baile tradicional. Así o comprobaron os nicrarienses o pasado sábado, co gallo do día da Muiñeira, reputado certame onde conflúen moitos dos grupos folclóricos das distintas comarcas veciñas da propia Barcala.
Coma en cada ocasión, o certame separouse en 2 actos, un primeiro onde tódolos grupos participates bailaron xuntos a Muiñeira de Lugo, e un segundo acto consistente no célebre concurso da Muiñeira. Neste concurso, e despois dunha dura deliberación, o xurado considerou otorgar o 1º Premio á Escola de Baile e Música Tradicional do Concello de Santa Comba, e o 2º premio, á Asociación Folclórica Ximiela de Louro-Muros, que curiosamente están dirixidos pola mesma persoa, o gaiteiro compostelán Pablo Seoane. O 3º premio foi para a Asociación Xirandaina de Santiago de Compostela.
Novas relacionadas
- O folclore da Ximiela conquista a 5ª Avenida de New York.
- Ovación tras ovación por 25 anos coidando o folclore.
- Ximiela celebra 25 anos facendo folclore.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).