Santi Caamaño volver romper as redes co seu Tiktok
- Este sábado, teremos a sorte de disfrutalo en Corcubión na Gala do Fútbol da Costa - QPC facéndonos rir arredor do noso fútbol.
Champi dende o berce, pasou por Santi Culo, pero sempre é e será Santi Caamaño. O humorista muradán segue triunfando na rede. Xa o fixo aló por 2015, cando despois de triunfar na Gala do Fútbol de QPC celebrada aquel ano en Cee, os Pachi e Culo daban o salto ao Land Rober.
Pasoulles factura o éxito daquela e un par de recaídas fixéronlle poñerse en serio, tamén apoiado na rede, cunha batalla aberta contra a ludopatía. Volvía en 2020 co Dúo Minúsculo e de novo as redes sociais botaban fume.
Pero nunca chegou a ter tanta repercusión como este 2023. O seu tiktok @champimuros xa ten 33.000 seguidores, e supera os 1,4 millóns de “gústames”, cos chapuzóns máis famosos da rede, algún chiste e moitas risas.
Tanto que estas semanas, comezando cos seus directos, está mesmo conseguindo doazóns dos seus “followers”, aos que coida con novas creacións, e que colocan ao muradán no TOP22 de estrellas emerxentes do tiktok estatal.
@champimuros Me echaron del trabajo. #viral #comedia #chiste ♬ sonido original - Champi Muros 🐍🐍
Tamén ten tempo para cousas serias, como esta campaña contra os monopolios do xogo.
@champimuros ♬ sonido original - Champi Muros 🐍🐍
NOVAS RELACIONADAS
- 2020: Dúo Minúsculo: Santi Culo, xunto a Minos, volve facernos rir.
- Maio 19: Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas.
- Xuño 2018: “La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes.
- Febreiro 2016: Pachi y Culo segue botando risadas a través do Youtube.
- Setembro 15: Pachi e Culo ao Land Rober.
- Xuño 2015: Pachi e Culo na Gala do Fútbol de QPC.