Skate, zumba, breakdance e hiphop para as Noitas Activas de Muros
O concello de Muros pon en marcha un programa de lecer nocturno dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 20 anos. O obxectivo primordial deste é o de proporcionar á poboación xuvenil muradá actividades de lecer nocturno escollidas por eles mesmos, xa que con anterioridade o concello encargouse de achegarlles unhas enquisas para facerlles a consulta.
Levarán a cabo actividades coma zumba (coordinada por un coñecido do fútbol costeiro como é Seluco, toda unha eminencia no zumba a nivel nacional), break dance, skate, apertura de centro salas de estudo... que se desenvolverán nas tardes-noites da fin de semana. E para inauguralas e animar a participar aos máis novos, o luns 22 de abril, a asociación Vella Escola realizará unha exhibición de break dance nos institutos das Insuas e Fontexería.
Cómpre destacar que os obradoiros de Skate, Break e Hip Hop en galego son impartidos pola Vella Escola, unha activa asociación de rapaces da zona (Noia, Fisterra, Muros...
Máis información e inscrición
A inscrición poderán realizala nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de 8:00 a 15:00 h e nas de Servizo Sociais 16:00 a 19:00 h os xoves antes de cada actividade.