Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A sociedade de Esteiro mobilízase contra a construción dun muro enriba da praia do Petón

O muro que estan levando na praia do Peton-Esteiro-Foto-Manue M Caamano
O muro que están levando na praia do Petón, Esteiro-Foto-Manuel M. Caamaño
A sociedade de Esteiro mobilízase contra a construción dun muro enriba da praia do Petón

Convulsionado está Esteiro ante o novo muro que está levantando o propietario dunha finca que linda coa praia de Parameán, no lugar do Petón. Un uro de formigón, xusto diante do chiringuito da Carmiña, na mesma líña de praia, xusto pegado ao camiño.

En apenas unhas horas as obras avanzaron de xeito importante ata que a media mañá, xa cando a sociedade se organizaba a través do whastapp, un funcionario de Costas paralizaba a obra por invadir servidume de tránsito, pois segundo aseguraba a aínda alcaldesa María Xosé Alfonso, “a obra non cumple coa autorización dada por Costas”.

Un funcionario de Costas paralizando a obra do muro do Peton-Foto-Manuel M Caamano
Momento no un funcionaro de Costas paralizaba a obra

En todo caso, é posible que o muro se mova lixeiramente para atrás e xa cumpla cos requisitos de Costas, de aí que a sociedade se arme para intentar envitar calquera tipo de actuación. “Esa obra só pode parala a presión veciñal, se cumple coa lei as administracións públicas non poden impedila, sinalaba Alfonso.

Esta mesma tarde de mártes 28 de xuño, e baixo o nome “Salvemos o petón”, hai convocada as 20:00 da tarde unha xuntanza veciñal no local social da Esteirana. Veciñ@s, asociacións, agrupacións, formacións políticas do concello tratarán con carácter de urxencia como loita contra ese muro e protexer o entorno natural da praia de Esteiro, entorno que, en todo caso, xa xe alterou fai anos coa construcción de vivendas ilegais.

Comentarios