Luns. 17.06.2019
El tiempo

Sokie: Canción muradá que chega aos corazóns

Sokie, a artista de Muros e Coruña presenta Semillas
Sokie, a artista de Muros e Coruña presenta Semillas
Sokie: Canción muradá que chega aos corazóns

Das rochas musiqueiras de Muros teñen saído estes anos ducias de bandas e artistas. Como Sokie, que agora triunfa dende Coruña co seu proxecto pop. Sokie, diminutivo inventado polo seu irmán do seu nome (ben é certo que Socorro non é moi comercial), vén de sacar o seu primeiro EP, “Semillas”, composto por 4 temas feitos por ela mesma, e está en plena promoción.

Tras dous anos de traballo con este proxecto, quere chegar ao corazón de todas e todos os galegos con estes suaves e fermosos temas inspiradores. “Cando sembramos unhas semillas, o que esperamos de elas, é que xerminen, que medren, e xusto iso era o que esperaba que sucedera con este EP. E por iso mesmo, chameino Semillas”, explícanos.

”Semillas” xa está en todas as plataformas dixitais, con presencia en Spotify, Facebook, instagram ou youtube.

Foi precisamente a rede a qiue lle impulsou a romper os seus medos, sobre todo ao fracaso. O seu youtube de versións e a resposta da comunidade fixo que dera o paso adiante con aquel Invierno gris.

Tralo seu paso como vocalista en bandas de rock, pero foi descubrindo que o lle gusta é compoñer e que o rollo pop vai moito máis coa súa personalidade.

Xa está pensando na súa próxima xira, guitarra e voz, por Galicia, da que daremos conta.

EP Semillas de sOCKIE

Unha vida pegada á música

Empezou a cantar ós 6 anos mentres chapurreaba un pouco ca guitarra. “Recordo que me poñía diante do espello e me imaxinaba cantando para moitas persoas. Facíame feliz imaxinar iso”, coméntanos. A súa ilusión por subir ao escenario non diminiu nin estudando a carreira de Medicina en Santiago, asi que aparcou a bata branca e colleu o micro: “esa era a miña vocación e a miña paixón. Gustábame ser a vocalista dun grupo, dar algúns concertos, estar diante dun público... Eso era o que me facía feliz”.

A día de hoxe ten claro que fai “pop, caracterizado polo emprego de sons suaves e melódicos”. Entre os seus referentes, están figuras como Alanis Morrisette, Natalie Imbruglia, Sheryl Crow, The Cranberries, Dido, Bryan Adams, Gwen Stefani, Madonna, U2, The Corrs, Sia, Björk ... E a nivel nacional e local podría decir que a voz que máis me inspira é a de Luz Casal.

A música un sentimento

Sokie moi claro que palabras definen o see sentir ca música. “A xente cando grita nun concerto, non te aclama a ti, senon ás cancións. As cancións non son como as películas que as ves 2 ou 3 veces. Unha canción que che gusta escoitala 20, 30 ou 40 veces e logo entra a formar parte da tua vida. Esa vida é a que gritan as persoas nun concerto.” É xusto iso é a onde quero chegar, ás persoas. Que cada canción miña, forme parte das súas vidas. Iso é o máis bonito da música”, valora con sentimento.

Aquí deixamos un dos temas de Semillas “Vén”:

E este e Invierno gris, un dos seus primeiros temas compostos por ela:

Novas relacionadas

Comentarios