Martes. 18.06.2019
El tiempo

Un surfeiro rescata a un bañista na Praia de Ancoradoiro

Fonte GC
Fonte GC
Un surfeiro rescata a un bañista na Praia de Ancoradoiro

Un bañista foi rescatado o pasado sábado na Praia de Ancoradoiro, en Muros, gracias á labor dun surfeiro. O 112 Galicia foi alertado do suceso, ás 13:00 horas por un familiar. Indicaba que o seu cuñado non daba saído da auga e que un surfista saíra para o seu rescate. Nada mais recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, Servizo de GardaCostas de Galicia, do 061-Urxencias Sanitarias, do GES e Protección Civil de Muros. Así mesmo, informouse á Garda Civil e á Policía Local, que xa tiñan constancia do suceso. Finalmente, os medios de rescate foron anulados xa que as dúas persoas chegaron a terra sans e salvas.

Incendio nun vehículo

Incendio dun vehiculo en Esteiro-Foto-GES Muros
O GES de Esteiro e a Garda Civil tiveronque sufocar o pasado sábado, arredor das 20:00h, un lume nun vehículo en Esteiro. Só houbo que lamentar danos materiais.
 

Comentarios