Luns. 06.05.2024
El tiempo

O teatro abre o mes de Nadal en Muros

trotaventos teatro en Muros
O teatro abre o mes de Nadal en Muros

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas.

Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da programación continua muradá será ás 20:30h Auditorio do Centro Cultural con “A Orquestra dos paxaros", de Trotaconventos Teatro. Unha peza teatral en tres actos que, da man dun profesor de Química, pón no escenario a busca dun tratamento  químico limpo para descompoñer as bolsas de plástico que tanto emporcallan os mares, praias, campos e cidades do mundo.
Este grupo coruñés, dirixido por Carlos Freire, é especialmente sensible co medio ambiente e as diferenzas sociais, e dende as táboas tentan sensibilizar á poboación sobre ámbalas dúas temáticas.

Programa de Nadal

Esta función é a primeira do programa de Nadal do Concello de Muros, que cada semana se irá completando un nutrido programa de actividades, actividades de animación para a rapazada, espectáculos e obradoiros para persoas adultas…

Concretamente esta primeira fin de semana de decembro, prográmanse obradoiros de decoración navideña de portas, para persoas adultas, en Muros e Louro, o venres 1,
obradoiros Preparando o Nadal coas bibliotecas, para nenos, en Esteiro e Muros, os días 1 e 2.

Comentarios