xoves. 07.11.2024
El tiempo

Unha balea de 20 metros varada en Muros

Unha balea de 20 metros varada en Muros
Balea varada na praia de Seixal-Tal-Muros-Foto-Quin Muros

Menuda estampa ca se atoparon os veciños de Muros na praia do Seixal, en Tal. O cadáver dunha balea de case 20 metros xace na area e ducias de veciños se achegan á zona para ollar semellante exemplar. O corpo estivo á deriva un día e acabou varado na praia muradá.

E parece que a zona de Muros é un cemiterio habitual de animais exóticos. Temos visto tartarugas, e mesmo xa recibiu unha enorme balea que apestou Muros durante un par de días. Veremos, neste caso, como se fai o desplazamento nas vindeiras horas.

Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) os temporais de mar destes últimos días poden ser as causantes de que os animais que pasan fronte ás costas de Galicia se vexan arrastrados ata as praias sen posibilidade de escapar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios