Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xa á venda os primeiros abonos para un tremendo Festival Castelo Rock

Cartel Festival Castelo Rock Muros 2022
Xa á venda os primeiros abonos para un tremendo Festival Castelo Rock

A XVIII edición do Festival Castelo Rock xa está en marcha. Tras dous anos de parón o 22 e 23 de xullo volverá o rock invadir o porto da vila muradá con bandas nacionais, internacionais, e sobre todo, locais.

A rapazada da A.C.R.D Praia do Castelo presenta polo de agora as primeiras 8 bandas que estarán presentes no festival. E nós temos que destacar a presencia de Lisdexia, como representante da música dunha vila "profundamente musical”, para lanzar bombazos como os “Foliada mástica” ou “Domingo de resurreción” que farán mover o esquelete a todo aquel que se deixe caer polo porto.

Pero hai moito máis, con bandas míticas como “El Drogas”, “Lendakaris Muertos” “Hamlet” ou Toundra, a banda instrumental madrileña estará por primeira vez no Castelo Rock. Tamén hai nomes máis cañeros comos os británicos “Skinred”, os franceses Landmvrks ou “HEX”, outra das apostas dos rapaces do castelo rock para dar un xiro ao festival nesta XVIII edición.

Pecha este primeiro avance a banda viguesa “Aphonnic”, que co seu metal alternativo que se esta a consagrar como referente neste estilo a nivel nacional, humildade e traballo son o xen que os define.

Xa podedes scar os abono de 25€ + gastos de xestión, e nas webs www.castelorock.com e https://www.wegow.com. A zona de acampada será completamente gratuíta e o aforo é limitado, polo que se recomenda comprar a entrada con antelación.

Novas relacionadas

Comentarios