Venres. 11.10.2024
El tiempo

O Festival das Carrilanas Esteiro afiánzase este 2022 como o festival gratuíto máis importante de Galicia

Carrilanas Esteiro 2022
O Festival das Carrilanas Esteiro afiánzase este 2022 como o festival gratuíto máis importante de Galicia

Xa temos o primeiro Festival das Carrilanas Esteiro 2022, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo. Despois de conseguir manter as actividades nos anos 20 e 21, a ADC Esteirana de Carrilanas afronta esta edición con especial ilusión e optimismo, e prepara unha festa por todo o alto.

As primeiras bandas confirmadas son Xoel López, Ortiga e The Rapants que acturán no escenario #VibraMahou. O festival recuperará o seu formato individual e será #DeBalde salvo que se modifiquen as normativas sanitarias, afianzándose así como a cita gratuíta máis importante do panorama musical galego, gracias ao apoio do Concello de Muros, Cultura da Deputación de A Coruña e Mahou a través da súa plataforma musical #VibraMahou.

En vindeiras datas confirmaranse todas as bandas ata un total de 11 repartidas en dous escenarios e moitísimas máis actividades.

En calquera caso, ese primeiro trío de avances xa merece a pena. Xoel trae o seu 15º disco con temas como este:

Ortiga é unha das bandas emerxentes máis afianzadas do país. Chicho, coa súa ecléctica proposta verbeneira que triunfa en todo o estado. “A min gústame facer música e o demais dame igual” di Chicho. “Si a música fora fútbol, eu disfrutaría xogando de dianteiro, de porteiro ou de linier”.

E que dicir de The Rapants, banda muradá que tanto nos presta con Rapante e Xanma, ás voces e Matías e Xaquín completando o ciclo.

Novas relacionadas

Comentarios