martes. 12.11.2024
El tiempo

Xira Funeraria con Terbutalina

Xira Funeraria con Terbutalina

Poderíamos calificalos como os estandartes da fisolofía vangardista do século XXI. Grandes frases como "oaoaoaoa, quero ser unha filloa" os abalan como grandes pesandores da época contemporánea e abandeirados do movemento mundial do "gastropunk". Son capaces de resumir, en limpos estribillidos, o sentir máis punk do país.

Son de Muros inoloniegan. Todo o contrario, fan bandeira delo. E sen embargo, poucas foron as veces que tocaron na nosa bisbarra. Fisterra ou O Ézaro xa disfrutaron dos seus temas fugaces (os de 1 minuto xa son as cancións máis longas). E esta fin de semana comezaban unha nova Xira Funeraria pola Costa da Morte.

O pasado venres foi Cee o que os recibía. O Pub Nubes, da man de Ovidio e Marcos Rodríguez, acollía este esperado concertazo, que servía para presentar varios dos temas do novo disco Hostias para todos.
Se ben houbo quen ata fixo autostop para velos en directo, varios dos asistentes tardaron en meterse en faena. Pouco a pouco, e gracias a perlas como "Esperanza Aguirre tiene un polvo", algunha dedicatoria a Reixa, e temazos como "Jústanche os cartos máis que o sol ós lajartos" ou "Rajoy te quiero, pero no te lo digo en gallego", a xente foise metendo no papel ata acabar bailando como auténticos "subnormais".

O sábado pararon en Lira, para celebrar o 20 aniversario da A.C. Canle. A xente de Carnota deron fe do recomendable que é unha sesión de psicoanálise con esta xente...

Xira funeraria

A vindeira cita dos Terbutalina pola Costa será o 3 de agosto na Festa da Praia do Ézaro, que este ano chega cun cartelón de primeira, e da que daremos debida conta.

Pero... a todo esto, como é posible que non estean en ningunha das 10 citas festivaleiras deste verán?

Máis información

Comentarios