Zumba invade a Costa da Morte


Xa está aquí. Xa non temos escapatoria. O mundo enteiro ríndese ante o Zumba e a Costa da Morte non vai ser menos. Dende o sur da bisbarra, este baile feito deporte, que mestura 15 bailes latinos para convertilo nunha práctica saudable para todos os públicos, xa está aquí.
A posta de longo, tras ter estado presente en moitas rúas este verán, será este venres 1 de novembro no Pavillón Municipal de Santa Comba. Alí, a empresa muradá Cazatalentos, que conta con especialistas internacionais como Fran Chuvasco, Seluco, Neri, David, Lola ou Luisa, farán mover o esqueleto a todos os que se acheguen.
Xa saben que este é un deporte de fitness pensado para mulleres e homes, para nenos, medianos e maiores, que serve para manter o corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.
E non esquezan que ides pasar un rato espectacular, bailando con amigos, facendo exercicio e divertíndote ao máximo.
E prepárense, que a invasión chegará a túa vila!
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).